Traballando cara ao futuro
Sempre co obxectivo de acadar solucións innovadoras que faciliten o traxecto vital da nosa Infancia e Adolescencia
Creando sinerxias na Comunidade
Como organización sen ánimo de lucro, para a Asociación Maluma-Ogrove, un dos obxectivos salientable é o impulso do desenvolvemento comunitario a través do empoderamento e apoio do noso tecido social mediante a implementación de actividades que buscan o ben común.


Compromiso coa comunidade
Dende un enfoque profesional dedicámonos a colaborar e apoiar iniciativas sociais na comarca do Salnés e na localidade de Ogrove, fomentando un entorno de crecemento e desenvolvemento sostible.

Sostibilidade
Estamos comprometidas con prácticas sostibles que respecten o noso entorno valorando a importancia da preservación do medio ambiente, traballando arreo para minimizar o noso impacto ecolóxico en cada un dos programas implementados.

Innovación constante
A innovación é o motor do noso traballo, esforzándonos por estar á vanguardia de solucións creativas e efectivas no traballo desenvolvido xunto coas familias e as nenas, nenos e adolescentes.
Unidas por un futuro común
Comprometidas co benestar social, traballaremos xuntas para crear un impacto positivo e duradeiro na nosa comunidade.

Inclusión e diversidade
Fomentamos a inclusión dende a valoración das diferenzas, estamos convencidas de que a diversidade axuda a enriquecer o noso traballo aportando ademáis solucións efectivas.

Transparencia e confianza
A confianza é fundamental nas relacións que mantemos promovendo un enfoque transparente en todas as nosas actividades asegurando que administracións, colaboradores, usuarios e profesionais estén sempre informados e comprometidos.
Ubicación
Fórmulas de colaboración coa nosa entidade

Colaboracións persoais





